Empréstitos

24/5/09

Os empréstitos xorden cando as necesidades de financiamento son tan elevadas que resulta difícil obter os fondos dun só acredor. Por iso óptase por fraccionar a débeda en pequenos préstamos, representados en títulos, que son subscritos por un número elevado de prestamistas (obligacionistas ou bonistas). Así, pódese definir o empréstito como un macro-préstamo de contía elevada que para facilitar o concurso de moitos acredores divídese en partes iguais, as cales se instrumentan en títulos. Podes descargar a seguinte presentación da seguinte ligazón.

0 comentarios: