Proba avaliación inicial Xestión Financeira

22/10/09

Neste día imos facer unha proba inicial do módulo de Xestión Financeira, que nos permitirá avaliar coñecementos básicos sobre os primeiros temas do citado módulo. A cualificación será meramente informativa e non influirá na nota da avaliación.
Si non recibiche un correo electrónico coa proba preme na seguinte ligazón http://spreadsheets.google.com/viewform?formkey=dC1SRU1fc3B2NUQ0eFFfTXkzeUNFbXc6MA

Enderezo electrónico alumnos

20/10/09

Prégovos reenchades o formulario que figura na seguinte ligazón para dispoñer dos vosos datos de correo electrónico de cara a poder enviarvos información por ese medio.

Introducción Xestión Financeira

21/9/09

Ata dentro duns días non teredes o libro de texto, polo que vos deixo unha pequena presentación sobre o primeiro tema do módulo nesta ligazón.

Presentación Proxecto Integrado

19/9/09

Achégovos a presentación do módulo do Proxecto Integrado que analizaremos o vindeiro luns día 21. Tamén podedes descargar o arquivo en formato powerpoint nesta ligazón.

Presentación Xestión Financeira

Achégovos a presentación do módulo de Xestión Financeira que analizaremos o vinderio luns día 21. Tamén podedes descargar o arquivo en powerpoint nesta ligazón.

Programacións curso 2009-2010

17/9/09

Nas seguintes ligazóns tedes os programas oficiais dos módulos de Xestión financeira e Proxecto Integrado:

Módulo Xestión Financeria pendentes

Os alumnos e alumnas que teñen o módulo de Xestión Financiera pendente, teñen nesta ligazón todo o relativo a actividades, probas, temporalización...

Cualificacións 3ª avaliación

13/6/09

Achégovos á seguinte ligazón as cualificacións correspondentes á terceria avaliación de Xestión Financeira, así como as recuperacións que ten que facer cada alumno na vindeira semana. Para poder descomprimir o arquivo que contén as cualificacións, necesitades a clave proporcionada no seu momento.

Vídeo promoción ciclos formativos 2

31/5/09

Video promoción ciclos formativos 1

Proba facebook.

24/5/09


A partir de hoxe imos facer unha pequena incursión en facebook, de maneira que todas as entradas a este blogue tamén se publicarán naquela rede social, de tal xeito que aqueles que teñades acceso a facebook podedes consultar e comentar todo o queirades sobre os artículos publicados.

Empréstitos

Os empréstitos xorden cando as necesidades de financiamento son tan elevadas que resulta difícil obter os fondos dun só acredor. Por iso óptase por fraccionar a débeda en pequenos préstamos, representados en títulos, que son subscritos por un número elevado de prestamistas (obligacionistas ou bonistas). Así, pódese definir o empréstito como un macro-préstamo de contía elevada que para facilitar o concurso de moitos acredores divídese en partes iguais, as cales se instrumentan en títulos. Podes descargar a seguinte presentación da seguinte ligazón.

Cualificacións

17/4/09

Achégoche o arquivo que contén a cualificación da proba de xestión financeria que realizaches no día de hoxe, correspondente á segunda avaliación. De acordo co falado necesitas unha clave para poder descomprimir o citado ficheiro.

Cualificacións proba Excel 2ª avaliación

21/3/09

Achégovos á seguinte ligazón a proba de Excel correxida, correspondente á segunda avaliación de Xestión Financeira realizada o pasado día dezaoito de marzo. Para poder descomprimir o arquivo que contén a proba, necesitas unha clave que aparece no menú CUALIFICACIÓNS deste blog.

Actividade avaliación

14/3/09

Na próxima semán empezaremos coa actividade de avaliación que nos ocupará ata o remate das actividades lectivas. Neste espacio de tempo informareivos de recursos que podedes empregar para o desarrollo da citada actividade: páxinas web, arquivos, modelos ficheiros excel, modelos ficheiros word, etc. Algúns deses espacios son os seguintes:

  1. Manual de FacturaplusElite.
  2. Para aclarar algún tipo de dúbida en asentos contables podes visitar o seguinte portal.
  3. Para descargar calquera documento e consultar dúbidas sobre impostos, consulta a páxina da Axencia Estatal Tributaria.
  4. Modelo 300. Declaración trimestral de IVE
  5. Modelo 110. Retencións a conta IPPF
  6. Modelo 390. Resume anual de IVE
  7. Modelo 347. Volume anual de operacións
  8. Consultas sobre impostos e fiscal.
  9. Operacións de leasing e simuladores para comprobar a bondade dos teus cálculos.
  10. Modelo ficheiro excel para amortización de leasing.
  11. Modelo ficheiro excel para amortización de préstamos.
  12. Consultas de índices e refencias para préstamos (EURIBOR).
  13. Axuda para elaboración dos cadros de amortización polo sistema francés en excel.
  14. Modelo ficha artículos para valoración existencias.
  15. Modelos de correspondencia comercial.

28/2/09

Visual Basic para Aplicacións (VBA) é unha lingüaxe de programación derivado de Visual Basic. Emprégase para automatizar procesos en Microsoft Office. Con esta lingüaxe pódense ampliar moito as funcións existentes nos programas de Office con outras moito máis elaboradas e personalizadas, según as necesidades do usuario. Como estamos vendo, Excel inclúe unha gran cantidade de fórmulas financeiras que podemos usar na folla de cálculo, pero ás veces pode que te vexas obrigado a diseñar as túas própias mediante o código VBA.
No caso das rendas necesitaremos crear varias fórmulas, sobre todo no relativo ás rendas variables en progresión aritmética e xeométrica. A continuación achégovos un pequeno manual que vos axudará en todo o proceso de diseño e elaboración das citadas fórmulas.

Solución exercicios e actividades de repaso

Achégovos de acordo co falado as solucións en Excel a algúns dos exercicios dos temas 8 e 9, ás seguintes ligazóns:
Solución exercicios rendas anuais constantes tema 8.
Solución exercicios rendas constantes fraccionadas tema 9.
De igual xeito, e a petición vosa, achego para que resolvades as seguintes actividades de repaso:
Actividades repaso rentas constantes anuais.
Actividades repaso rendas constantes fraccionadas 1.

Actividades repaso rendas constantes fraccionadas 2.

Criterios selección investimentos

15/2/09

.

Un investimento pódese definir como "aquel acto mediante o cal ten lugar o cambio dunha satisfacción inmediata e certa á que se renuncia, por unha esperanza que se adquire e da cal o ben invertido é o soporte".
Dito de outra forma, supón renunciar a uns recursos dos que se pode disfrutar agora, por unha esperanza de recompensa futura. Exemplos: abrir unha nova planta de producción, comprar unha nova máquina, renovar as instalacións.

Funcións VNA.NO.PER e TIR.NO.PER

14/2/09

As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dunha inversión cando os vencimentos son periódicos. Cando os vencimentos non son periódicos utilízanse as funcións VNA.NO.PER e TIR.NO.PER. O funcionamento delas explícase no seguinte comentario. Asimesmo, neste libro de Excel están as solucións aos exemplos 279-282 do noso libro de texto sobre as mesmas.

Oferta emprego BANESTO alumnos ciclo superior.

4/2/09

O grupo STG selecciona para o BANESTO personal co perfil de Técnico Superior en Xestión Comercial e Marketing ou Administración e Finanzas. O grupo STG contactou conmigo como titor do ciclo, e posteriormente o fará cos alumnos para acercar o máximo posible o proxecto. O contrato sería para os meses de verán e todo o relativo ao proceso de selección aparece nos seguintes documentos: Buscamos personal. Información Campaña. Promoción selección BANESTO.

A función SI() de Excel

20/1/09

A función =SI( ) é unha das máis potentes que ten Excel. Esta función comproba se unha condición se cumpre. Se esta se cumpre, dá como resultado VERDADEIRO. Se a condición non se cumpre, dá como resultado FALSO.

Obseva a sintaxe:

=SI(Condición;Verdadeiro;Falso)

Esta é a forma máis simple de representar esta función. Imos propor un exemplo aplicado ao estudio das rendas anuais constantes, temporais, inmediatas e postpagables a interese composto.

Manual instalación Facturaplus

10/1/09



Como xa vos comentei, sería convinte que instalarades o FacturaPlus na vosa casa para complementar e completar o estudio que realicemos na aula. Este pequeno manual axudarávos á instalación da mencionada aplicación de xestión.

Facturaplus

Na próxima semana empezamos a estudiar o FacturaPlus. O manual da apricación podémolo descargar ou consultar na seguinte ligazón. Tamén o tedes dispoñible no grupo de traballo de Google no seguinte enderezo http://groups.google.es/group/proxecto-integrado?hl=es. As actividades prácticas que desarrollemos tamén as teremos para descargar naquel sitio e neste blog.