28/2/09

Visual Basic para Aplicacións (VBA) é unha lingüaxe de programación derivado de Visual Basic. Emprégase para automatizar procesos en Microsoft Office. Con esta lingüaxe pódense ampliar moito as funcións existentes nos programas de Office con outras moito máis elaboradas e personalizadas, según as necesidades do usuario. Como estamos vendo, Excel inclúe unha gran cantidade de fórmulas financeiras que podemos usar na folla de cálculo, pero ás veces pode que te vexas obrigado a diseñar as túas própias mediante o código VBA.
No caso das rendas necesitaremos crear varias fórmulas, sobre todo no relativo ás rendas variables en progresión aritmética e xeométrica. A continuación achégovos un pequeno manual que vos axudará en todo o proceso de diseño e elaboración das citadas fórmulas.

Solución exercicios e actividades de repaso

Achégovos de acordo co falado as solucións en Excel a algúns dos exercicios dos temas 8 e 9, ás seguintes ligazóns:
Solución exercicios rendas anuais constantes tema 8.
Solución exercicios rendas constantes fraccionadas tema 9.
De igual xeito, e a petición vosa, achego para que resolvades as seguintes actividades de repaso:
Actividades repaso rentas constantes anuais.
Actividades repaso rendas constantes fraccionadas 1.

Actividades repaso rendas constantes fraccionadas 2.

Criterios selección investimentos

15/2/09

.

Un investimento pódese definir como "aquel acto mediante o cal ten lugar o cambio dunha satisfacción inmediata e certa á que se renuncia, por unha esperanza que se adquire e da cal o ben invertido é o soporte".
Dito de outra forma, supón renunciar a uns recursos dos que se pode disfrutar agora, por unha esperanza de recompensa futura. Exemplos: abrir unha nova planta de producción, comprar unha nova máquina, renovar as instalacións.

Funcións VNA.NO.PER e TIR.NO.PER

14/2/09

As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dunha inversión cando os vencimentos son periódicos. Cando os vencimentos non son periódicos utilízanse as funcións VNA.NO.PER e TIR.NO.PER. O funcionamento delas explícase no seguinte comentario. Asimesmo, neste libro de Excel están as solucións aos exemplos 279-282 do noso libro de texto sobre as mesmas.

Oferta emprego BANESTO alumnos ciclo superior.

4/2/09

O grupo STG selecciona para o BANESTO personal co perfil de Técnico Superior en Xestión Comercial e Marketing ou Administración e Finanzas. O grupo STG contactou conmigo como titor do ciclo, e posteriormente o fará cos alumnos para acercar o máximo posible o proxecto. O contrato sería para os meses de verán e todo o relativo ao proceso de selección aparece nos seguintes documentos: Buscamos personal. Información Campaña. Promoción selección BANESTO.