Cualificacións

15/12/08





Para consultar as notas da avaliación, entra na páxina Cualificacións, utilizando o enderezo electrónico de acordo cos datos suministrados en días pasados.

Buscar obxectivo de Excel

14/12/08

Buscar obxectivo é parte dunha serie de comandos denominados ferramentas de análises. Ten aplicación no caso de que coñezamos o resultado desexado dunha fórmula, pero non a variable que determina o resultado. Ao realizar Buscar obxectivo, Excel varía o valor de cela específica ata que unha fórmula dependente da devandita cela devolve o resultado desexado, en realidade o que fai é unha iteración.

Preme da seguinte ligazón para ver uns exemplos desta importante ferramenta de Excel.

Equivalencia financeira con Solver

9/12/08

Solución ao exercicio 23 da páxina 148 do tema, Desconto de efectos, do módulo de Xestión Financeira.
Exercicio de equivalencia financeira en capitalización simple con Solver.

A ferramenta Solver de Excel

Solver é unha das ferramentas máis potentes de Excel, xa que permite acha-la mellor solución a un problema, modificando valores e incluíndo condicións ou restricións. Nosoutros empregarémola para resolver determinados problemas de xestión financeira (sustitución de efectos, tanto de interese que fai equivalentes varios capitais...). Nesta ligazón hai un pequeno problema con Solver que che axudará a comprender o seu funcionamento.

Letras do Tesouro

1/12/08

¿Que son as letras do tesouro?
Son valores de renda fixa a curto prazo que emite o Estado para financiarse, representados exclusivamente mediante anotacións en conta. Creáronse en xuño de 1987, cando se puxo en funcionamento o Mercado de Débeda Pública en Anotacións. Podes acceder a unha presentación en power point que che axudara a comprender mellor este instrumento financeiro.

Actividade Letra de cambio


Nestes días imos empezar a resolver unha actividade de desconto comercial a través dunha Webquest. Pero, que é unha Webquest?.
Unha das actividades máis correntes efectuadas polos alumnos en Internet é a busca de información, a miúdo con axuda dos motores de busca como Google, Yahoo, etc.
Sen embargo, estas investigacións son actividades difíciles que toman moito tempo e que poden resultar frustrantes se os obxectivos non son reflectidos claramente e explicados ao principio.
WebQuests son actividades estruturadas e guiadas que evitan estes obstáculos proporcionando aos alumnos unha tarefa ben definida, así como os recursos e as consignas que lles permiten realizalas. En lugar de perder horas en busca da información, os alumnos se apropian, interpretan e explotan as informacións específicas que o profesor lles asigna.Investigar na Web é sinxelo e de simple aplicación, xa que é fácil de realizar e permite que tanto novatos como expertos en Internet participen. Investigando na web incorpórase aos estudantes en tarefas efectivas, estimula á colaboración e discusión, e é de fácil integración no currículo escolar. O profesor debe suxerir un tema de exploración e apuntar a algúns sitios da Web onde o alumno ira a buscar a información que necesita.
A medida que os docentes van familiarizándose coa web e os mecanismos de busca, e aprenden a desenvolver estratexias de optimización de seu saber a través da comunicación, busca e procesamento de información, pasan a propoñer témalos e os alumnos van buscar só as solucións. No último estado de total autonomía, os estudantes poden propoñer temas de interese ao profesor que pasa a elixir entre eles o que sexa máis conveniente para a aprendizaxe persoal e do grupo.
A das WebQuest, é unha estratexia didáctica na que os alumnos (desde metade de primaria ata universidade) son os que realmente constrúen o coñecemento que logo van aprender. Si se lles organíza en grupos, si se lles asígnan roles e teñen que elaborar un produto que vai a partir dunha presentación, ou un documento, ata unha escenificación teatral ou un guión radiofónico, etc., representando o máis axustado posible as distintas posturas dos roles. É un deseño moi prometedor.Isto é non soamente unha nova maneira para que os profesores enseñen tamén é unha nova maneira para que os alumnos aprendan.
Preme eiqui para ir a webquest de desconto comercial, para saber o que tes que facer

Letra de cambio

A letra de cambio é un documento mercantil polo que unha persoa, librador, ordena a outra, librado, o pago dunha determinada cantidade de diñeiro, nunha data determinada ou de vencimiento.
O pago da letra de cambio pódese realizar ao librador ou a un terceiro chamado beneficiario, tomador ou tenedor, a quen o librador transmitiu ou endosado a letra de cambio.
No seguinte enderezo podes atopar información sobre a letra de cambio e na presentación uns esquemas sinxelos que che axudarán a entender a mecánica deste documento mercantil.

Pasivos financeiros e PXC para pemes

30/11/08

O Plan Xeral de Contabilidade para Pemes aprobado polo Real Decreto 1515/2007 de 16 de novembro regula na norma de valoración 9ª os Pasivos Financeiros. A citada norma resulta de aplicación ós seguintes pasivos financeiros:

  • Débitos por operacións comerciais: proveedores e acredores varios;
  • Débedas con entidades de crédito;
  • Obrigas e outros valores negociables emitidos: tales como bonos e obrigas de pagamento;
  • Derivados con valoración desfavorable para a empresa: entre eles futuros opcións, permutas financeiras e compravenda de moeda estranxeira a prazo;
  • Débedas con características especiais e
  • Outros pasivos financeiros: débedas con terceiros, tales como os empréstitos e créditos financeiros recibidos de persoas ou empresas que non sexan entidades de crédito incluídos os xurdidos na compra de activos non correntes, fianzas e depósitos recibidos e desembolsos esixidos por terceiros sobre participacións.

No seguinte arquivo coméntase a citada norma de valoración así como un exemplo referido a un préstamo cunha entidade financeira que se encadra dentro do apartado de Débedas con entidades de crédito desta norma.

Nesta ligazón tes comentarios e exemplos da contabilización de activos e pasivos financieros.

Arrendamentos financeiros

A norma de valoración 8ª do novo Plan Xeral de Contabilidade regula os arrendamentos financeiros e outras operacións de natureza similar. Neste comentario abórdase a citada norma e prantéxase un exemplo de arrendamento financeiro con opción de compra e a forma de contabilizalo por parte do arrendatario. Asimesmo, nesta ligazón, aparece moita información de como valorar estas operacións de activo.

As funcións VAN e TIR

24/11/08


As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dun investimento cando os vencimentos son periódicos.

VNA
Calcula o valor actual dun investimento a partir dunha taxa de xuro e unha serie de pagos (valores negativos) e cobros (valores positivos).
Sintaxe
VNA(taxa;valor1;valor2; …)
Taxa é a taxa de xuro ao longo do período.
Valor1, valor2, … son de 1 a 29 argumentos que representan os pagos e cobros.
TIR

A Taxa interna de retorno equivale a taxa de interese producida por un proxecto de investimento con pagos e cobros que ocorren en períodos regulares
Sintaxe
TIR(valores;estimar)
Valores é unha matriz de celdas que conteñen os números para os que se desexa calcular a taxa interna de retorno.
Estimar é un número que o usuario estima que se aproximará a TIR. É un campo optativo.
No seguinte video titorial podes ver a través dun exemplo como funcionan as dúas funcións de Excel.


Selección de investimentos

23/11/08

O investimento pódese definir como "aquel acto mediante o cal ten lugar o cambio dunha satisfacción inmediata e certa á que se renuncia, por unha esperanza que se adquire e da cal o ben invertido é o soporte".
Dito de outra forma, supón renunciar a uns recursos dos que se pode disfrutar agora, por unha esperanza de recompensa futura. Exemplos: Abrir unha nova planta de producción, comprar unha nova máquina, renovar as instalacións.
Os investimentos poden clasificarse de distintas maneiras.
1. Atendendo a súa función: investimenos de expansión, de renovación, extratéxicas, etc.
2. Atendendo a súa duración: a curto prazo e a longo prazo.
3. Atendendo a relación existente entre si: inversións independentes, complementarias ou sustitutivas.
Na seguinte presentación podes atopar axudas sobre estes e outros conceptos relativos aos investimentos.