Pasivos financeiros e PXC para pemes

30/11/08

O Plan Xeral de Contabilidade para Pemes aprobado polo Real Decreto 1515/2007 de 16 de novembro regula na norma de valoración 9ª os Pasivos Financeiros. A citada norma resulta de aplicación ós seguintes pasivos financeiros:

  • Débitos por operacións comerciais: proveedores e acredores varios;
  • Débedas con entidades de crédito;
  • Obrigas e outros valores negociables emitidos: tales como bonos e obrigas de pagamento;
  • Derivados con valoración desfavorable para a empresa: entre eles futuros opcións, permutas financeiras e compravenda de moeda estranxeira a prazo;
  • Débedas con características especiais e
  • Outros pasivos financeiros: débedas con terceiros, tales como os empréstitos e créditos financeiros recibidos de persoas ou empresas que non sexan entidades de crédito incluídos os xurdidos na compra de activos non correntes, fianzas e depósitos recibidos e desembolsos esixidos por terceiros sobre participacións.

No seguinte arquivo coméntase a citada norma de valoración así como un exemplo referido a un préstamo cunha entidade financeira que se encadra dentro do apartado de Débedas con entidades de crédito desta norma.

Nesta ligazón tes comentarios e exemplos da contabilización de activos e pasivos financieros.

Arrendamentos financeiros

A norma de valoración 8ª do novo Plan Xeral de Contabilidade regula os arrendamentos financeiros e outras operacións de natureza similar. Neste comentario abórdase a citada norma e prantéxase un exemplo de arrendamento financeiro con opción de compra e a forma de contabilizalo por parte do arrendatario. Asimesmo, nesta ligazón, aparece moita información de como valorar estas operacións de activo.

As funcións VAN e TIR

24/11/08


As funcións VNA e TIR permiten calcular o Valor Actual Neto e Taxa Interna de Retorno, respectivamente, dun investimento cando os vencimentos son periódicos.

VNA
Calcula o valor actual dun investimento a partir dunha taxa de xuro e unha serie de pagos (valores negativos) e cobros (valores positivos).
Sintaxe
VNA(taxa;valor1;valor2; …)
Taxa é a taxa de xuro ao longo do período.
Valor1, valor2, … son de 1 a 29 argumentos que representan os pagos e cobros.
TIR

A Taxa interna de retorno equivale a taxa de interese producida por un proxecto de investimento con pagos e cobros que ocorren en períodos regulares
Sintaxe
TIR(valores;estimar)
Valores é unha matriz de celdas que conteñen os números para os que se desexa calcular a taxa interna de retorno.
Estimar é un número que o usuario estima que se aproximará a TIR. É un campo optativo.
No seguinte video titorial podes ver a través dun exemplo como funcionan as dúas funcións de Excel.


Selección de investimentos

23/11/08

O investimento pódese definir como "aquel acto mediante o cal ten lugar o cambio dunha satisfacción inmediata e certa á que se renuncia, por unha esperanza que se adquire e da cal o ben invertido é o soporte".
Dito de outra forma, supón renunciar a uns recursos dos que se pode disfrutar agora, por unha esperanza de recompensa futura. Exemplos: Abrir unha nova planta de producción, comprar unha nova máquina, renovar as instalacións.
Os investimentos poden clasificarse de distintas maneiras.
1. Atendendo a súa función: investimenos de expansión, de renovación, extratéxicas, etc.
2. Atendendo a súa duración: a curto prazo e a longo prazo.
3. Atendendo a relación existente entre si: inversións independentes, complementarias ou sustitutivas.
Na seguinte presentación podes atopar axudas sobre estes e outros conceptos relativos aos investimentos.