A función SI() de Excel

20/1/09

A función =SI( ) é unha das máis potentes que ten Excel. Esta función comproba se unha condición se cumpre. Se esta se cumpre, dá como resultado VERDADEIRO. Se a condición non se cumpre, dá como resultado FALSO.

Obseva a sintaxe:

=SI(Condición;Verdadeiro;Falso)

Esta é a forma máis simple de representar esta función. Imos propor un exemplo aplicado ao estudio das rendas anuais constantes, temporais, inmediatas e postpagables a interese composto.

Manual instalación Facturaplus

10/1/09



Como xa vos comentei, sería convinte que instalarades o FacturaPlus na vosa casa para complementar e completar o estudio que realicemos na aula. Este pequeno manual axudarávos á instalación da mencionada aplicación de xestión.

Facturaplus

Na próxima semana empezamos a estudiar o FacturaPlus. O manual da apricación podémolo descargar ou consultar na seguinte ligazón. Tamén o tedes dispoñible no grupo de traballo de Google no seguinte enderezo http://groups.google.es/group/proxecto-integrado?hl=es. As actividades prácticas que desarrollemos tamén as teremos para descargar naquel sitio e neste blog.

Cualificacións

15/12/08





Para consultar as notas da avaliación, entra na páxina Cualificacións, utilizando o enderezo electrónico de acordo cos datos suministrados en días pasados.

Buscar obxectivo de Excel

14/12/08

Buscar obxectivo é parte dunha serie de comandos denominados ferramentas de análises. Ten aplicación no caso de que coñezamos o resultado desexado dunha fórmula, pero non a variable que determina o resultado. Ao realizar Buscar obxectivo, Excel varía o valor de cela específica ata que unha fórmula dependente da devandita cela devolve o resultado desexado, en realidade o que fai é unha iteración.

Preme da seguinte ligazón para ver uns exemplos desta importante ferramenta de Excel.

Equivalencia financeira con Solver

9/12/08

Solución ao exercicio 23 da páxina 148 do tema, Desconto de efectos, do módulo de Xestión Financeira.
Exercicio de equivalencia financeira en capitalización simple con Solver.

A ferramenta Solver de Excel

Solver é unha das ferramentas máis potentes de Excel, xa que permite acha-la mellor solución a un problema, modificando valores e incluíndo condicións ou restricións. Nosoutros empregarémola para resolver determinados problemas de xestión financeira (sustitución de efectos, tanto de interese que fai equivalentes varios capitais...). Nesta ligazón hai un pequeno problema con Solver que che axudará a comprender o seu funcionamento.